
Las relaciones de Clara é froito dunha elección meditada e arriscada. A potente contemporaneidade do texto, a súa estrutura mesma, os personaxes que sustentan esta historia común e cercana de relacións utilitarias e proveitosas, supuxeron un exercicio consciente para desentrañar o xeito no que nos achegamos ao ‘outro’ nesta sociedade agresiva, trepidante, variable.
Clara quere ser unha mesma, quere rachar a costra que lle impón un mundo marcado pola comodidade, sen relacións sinceras, sen opción a poder ser fiel a un mesmo. Todos se aproveitan da súa rebeldía. Todos cuspen sobre ela e os seus vicios. Clara afoga ante toda imposición e experimenta posibles novos xeitos de atopar sentido ás súas preguntas: ¿Que quixen acadar unha vez e non conseguín? ¿Onde estou? ¿Quen son? ¿Para que estou aquí? e por último… ¿que sei facer?
Soa, desfeita e inadaptada, enfróntase á súa única saída… Tragando a súa tristeza a sorbos, déixanos a nós a posibilidade de seguir, ao menos, tentando que as cousas cambien.
FICHA ARTíSTICA
Dirección: Daidee Veloz
Reparto: Isabel Guerra (Clara), Adela Castaño (Irene), Isabel Nosea (Isabel), Pedro Aguilera (Tomás), Sergio Fernández (Godofredo), Javier Villarín (Jorge), Óscar López de Ahumada (El Chino) y Adrián Hahl (El Extraño).
De Dea Oler
Lingua castelá. Duración: 80 min.
Representada pola Aula de Teatro da Universidade Pablo de Olavide, La Escalera Teatro, Sevilla
Mayo 19, 2008 at 7:30 pm
Hola, me llamo Pedro, y hago de Tomás en este espectáculo, buscando información sobre el grupo encontré este blog y me gustaría preguntarte que qué te pareció el montaje, ya que has puesto una entrada en tu blog, ha sido un grato hallazgo.
y me encanta el titulo de la entrada, porq son así, complejas y muy necesarias relaciones las de Clara
mil gracias por venir.