SI TU M’AIMES

Ás veces, é preciso estar morto para decatarse do que os demais pensan de nós. Si tu m’aimes é unha comedia de enredos, disparatada, na que o protagonista simula estar falecido para poder saber como é o seu mundo sen el. Os sentimentos da súa dona quedan ao descuberto unha vez ‘pasa a mellor vida’. Sen dúbida, unha obra que ninguén debe perderse e que nos fará reflexionar sobre as complicacións do amor en parella.
Adaptación de Hans Sachs, unha obra de entroido que se representaba en Alemaña dende o século XVI.
Lingua francesa. Duración 60 min.
Representada polo Théatre Universitaire de Royal de Liége, Bélxica.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Roberto Germay
Rexidoría: Philippe Heroufosse
Reparto: Roberto Germay, Dominique Donnay, Laura Charlier, Vicent Pagacz
SINOPSE
Un home quere coñecer os auténticos sentimentos da súa dona sobre el. Por non confiar en absoluto no que ela di, faise o morto, co obxectivo de descubrir o fondo do seu pensamento. A conversa sorpresa entre a muller e uns amigos vai confirmándolle as súas sospeitas…
A compañía de Robert Germay xa interpretou a obra en versión francesa por diversos lugares da xeografía española. Na rede podemos ver a mostra completa na cidade de Granada.
Opinións dos espectadores. Escoitar
Nas súas declaracións, o director da obra, Robert Germay, fálanos sobre a universalidade do teatro, que non entende de barreiras lingüísticas: