Pontevedra xa se atopa disposta a acoller a proba da Copa de Europa de Triatlón, que se celebrará o próximo sábado 19 de abril. A comparecencia deixou como principal novidade a confirmación da participación do ferrolán Javier Gómez Noya, actual campión da Copa do Mundo, e da súa homóloga feminina, a portuguesa Vanessa Fernandes. Tamén estarán representando á selección galega Alberto Trillo, Jesús Gomar, Saleta Castro, Aida Valiño e Alba Cuba Dorado, entre outros.
Las relaciones de Clara é froito dunha elección meditada e arriscada. A potente contemporaneidade do texto, a súa estrutura mesma, os personaxes que sustentan esta historia común e cercana de relacións utilitarias e proveitosas, supuxeron un exercicio consciente para desentrañar o xeito no que nos achegamos ao ‘outro’ nesta sociedade agresiva, trepidante, variable.
Clara quere ser unha mesma, quere rachar a costra que lle impón un mundo marcado pola comodidade, sen relacións sinceras, sen opción a poder ser fiel a un mesmo. Todos se aproveitan da súa rebeldía. Todos cuspen sobre ela e os seus vicios. Clara afoga ante toda imposición e experimenta posibles novos xeitos de atopar sentido ás súas preguntas: ¿Que quixen acadar unha vez e non conseguín? ¿Onde estou? ¿Quen son? ¿Para que estou aquí? e por último… ¿que sei facer?
Soa, desfeita e inadaptada, enfróntase á súa única saída… Tragando a súa tristeza a sorbos, déixanos a nós a posibilidade de seguir, ao menos, tentando que as cousas cambien.
FICHA ARTíSTICA
Dirección: Daidee Veloz
Reparto: Isabel Guerra (Clara), Adela Castaño (Irene), Isabel Nosea (Isabel), Pedro Aguilera (Tomás), Sergio Fernández (Godofredo), Javier Villarín (Jorge), Óscar López de Ahumada (El Chino) y Adrián Hahl (El Extraño).
De Dea Oler
Lingua castelá. Duración: 80 min.
Representada pola Aula de Teatro da Universidade Pablo de Olavide, La Escalera Teatro, Sevilla
Ás veces, é preciso estar morto para decatarse do que os demais pensan de nós. Si tu m’aimes é unha comedia de enredos, disparatada, na que o protagonista simula estar falecido para poder saber como é o seu mundo sen el. Os sentimentos da súa dona quedan ao descuberto unha vez ‘pasa a mellor vida’. Sen dúbida, unha obra que ninguén debe perderse e que nos fará reflexionar sobre as complicacións do amor en parella.
Adaptación de Hans Sachs, unha obra de entroido que se representaba en Alemaña dende o século XVI.
Lingua francesa. Duración 60 min.
Representada polo Théatre Universitaire de Royal de Liége, Bélxica.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Roberto Germay
Rexidoría: Philippe Heroufosse
Reparto: Roberto Germay, Dominique Donnay, Laura Charlier, Vicent Pagacz
SINOPSE
Un home quere coñecer os auténticos sentimentos da súa dona sobre el. Por non confiar en absoluto no que ela di, faise o morto, co obxectivo de descubrir o fondo do seu pensamento. A conversa sorpresa entre a muller e uns amigos vai confirmándolle as súas sospeitas…
A compañía de Robert Germay xa interpretou a obra en versión francesa por diversos lugares da xeografía española. Na rede podemos ver a mostra completa na cidade de Granada.