As melloras da avenida pontevedresa de As Corvaceiras (anteriormente As Corbaceiras) deberán agardar, polo menos, ata a remodelación do peirao por parte de Portos de Galicia. Os veciños do barrio de San Roque levan anos pedindo o aumento da seguridade vial na rúa, unha das que posúen un maior índice de siniestralidade na capital do Lérez.

O número de accidentes mortais ven descendendo nos últimos anos, en boa parte grazas aos badéns colocados ao comezo do vial. Ademais, os sinistros tamén se viron reducidos. De feito, a rúa experimentou unha baixada desde o terceiro posto no número de accidente ata o oitavo no que va de ano.

Porén, os veciños non están conformes. A Asociación de Veciños de San Roque pedirá proximamente perante o consistorio pontevedrés que se estreiten as medidas de seguridade.

Nos últimos meses, as forzas políticas da localidade debatiron sobre a necesidade de abarcar o problema do tráfico nas Corvaceiras durante esta lexislatura. O Partido Popular, encabezado por Telmo Martín, propuxo soterrar o tráfico, idea que foi descartada polo momento polo equipo de goberno do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Porén, o dirixente nacionalista di que as melloras non se farán agardar moito. A finais de xaneiro deste ano, o ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería de Política Territorial, adquiriu o vello peirao das Corvaceiras. A nova zona náutico-deportiva acarrexará obras na rúa, e deberanse mellorar os accesos e arranxar a perigosa curva que segou unha veintena de vidas nos últimos cinco anos.